Fase Local del Torneo Xogade en A Laracha

El próximo domingo día 31 de marzo se disputará en la Biblioteca Municipal de A Laracha la fase local del torneo xogade 2019, organizada por el club xadrez Arteixo y la colaboración del Concello da Laracha y el club xadrez O Toque Xiria Carballo

FASE LOCAL XADREZ COMARCA “BERGANTIÑOS”

BENXAMÍN, ALEVÍN, INFANTIL

Biblioteca Municipal da Laracha

O Servizo de Deporte da Coruña, da Secretaría Xeral para o Deporte, en colaboración co Concello da Laracha e o Club Xadrez Arteixo, organiza a Fase Local de XADREZ, do Programa XOGADE (Xogos Galegos Depotivos en Idade Escolar), das categorías Benxamín, Alevín, e Infantil mixto e feminino, correspondente a tempada 2018/2019.

INSCRICIÓNS

Os equipos que aínda non incorporaran aos xogadores/as, deberán completalos, e ao mesmo tempo pregamos confirmen a participación nestas xornadas para poder organizar as partidas.

No caso de que algunha Entidade necesite dar de alta máis equipos, deberán solicitalo por correo electrónico ao Servizo de Deporte (deportes.coruna@xunta.es), para dalo de alta, xa que rematou o prazo de inscrición.

PARTICIPANTES

Poderán participar todos os clubs, centros de ensino, asociacións, ANPAS etc, que cumpran os requisitos da inscrición no programa Xogade.

COMPOSICIÓN DOS EQUIPOS

Cada equipo estará integrado por catro xogadoras/es e dúas/dous suplentes e un/unha adestrador/a-delegado/a. En cada equipo poderán inscribirse 3 xogadores/as das categorías inmediatamente inferiores.

Na fase Local, nas categorías benxamín e alevín, está prevista a disputa dun suizo individual. Na categoría infantil, farase por equipos, e decidirase o sistema de competición en función do número de equipos inscritos.

CATEGORÍAS

Benxamín: nados nos anos 2010-2009

Alevín……: nados nos anos 2008-2007

Infantil….: nados nos anos 2006-2005

LUGAR E DATA

A fase Local de Xadrez Benxamín, Alevín e Infantil, terá lugar o domingo 31 de marzo en xornada de tarde de 16.30 a 20.00 horas,  na Biblioteca Municipal da Laracha, sita na rúa Manuel Murgia, s/n, da Laracha.

A data é a seguinte:

Xornada……………………..:  domingo 31 de marzo/2019

Fase Intercomarcal………….:  sábado 6 de abril/2019 no Salón de Actos do Complexo Deportivo de Elviña, sito na praza de Agustín Díaz, nº 1 (A Coruña)

Fase Provincial……………….:  4 de maio/2019 no Salón de Actos do Complexo Deportivo de Elviña, sito na praza de Agustín Díaz, nº 1 (A Coruña)

SISTEMA DE COMPETICIÓN

Xogarase unha fase local, que pode ser liga por equipos, suízo por equipos ou suízo individual

  • O torneo disputarase polo sistema Suizo individual, agás a categoría infantil, que poderá ser por equipos a criterio da organización, e en función do número de equipos participantes. Neste caso, a orde de forza de cada equipo non poderá variarse no transcurso do torneo.
  • O ritmo de xogo na categoría infantil, no caso de empregarse, será de 30 minutos finish. Nesta fase, as categorías benxamín e alevín xogarán sin reloxo.
  • Sistema de clasificación:
    • Puntuarán as catro mellores puntuacións individuais. En caso de empate, decidirá o mellor clasificado do equipo no torneo individual. (BENXAMÍN E ALEVÍN)
    • No caso de xogar por equipos en fase eliminatoria, gañará o equipo que sume máis puntos. En caso de empate, o sistema consistirá en multiplicar o resultado do primeiro taboleiro por catro, o do segundo por tres, o do terceiro por dous e o do cuarto por un, sumándose ao final os catro taboleiros. No suposto de persistir o empate, contará o resultado do primeiro taboleiro. Se tampouco se resolve a igualdade, o equipo que xogase con negras no primeiro taboleiro será o vencedor. (INFANTIL)
    • No caso de xogar por equipos en “liguilla”, gañará o equipo que sume máis puntos. No caso de empate, os desempates que se aplicarán serán resultado particular e en segundo caso Sonneborn – Berger. (INFANTIL)
  • Prohíbese a entrada/permanencia na Sala de Xogo con teléfonos móbiles encendidos.
  • Quedan totalmente prohibidos os comentarios sobre as partidas en xogo, sendo estes penalizables.
  • Os/as xogadores/as poderán consultar co seu Delegado as ofertas de táboas, para o cal deberán avisar previamente ao Árbitro. O Delegado deberá contestar de forma lacónica e sen proporcionar información algunha sobre a partida.
  • Non se permitirán análises na zona de xogo, podéndose realizar no espazo sinalado a tal efecto. Á sala de análise non se poderán trasladar nin os xogos nin os reloxos destinados á competición.
  • Os/as xogadores/as que, por razón xustificada, desexen abandonar a sala de xogo no transcurso das súas partidas, deberán solicitar a autorización do Árbitro. Queda prohibido aos xogadores o acceso á sala de análise mentres as súas partidas estean en xogo.

CLASIFICACIÓNS

Clasificarase para o Campionato Intercomarcal os primeiros equipos das categorías Benxamín, Infantil e Alevín Mixto/feminino.

SEGURO

Toda a documentación referente á cobertura do seguro está dispoñible no programa Xogade, na páxina web www.deporteescolargalego.com. Nesta páxina o acceso ao protocolo de actuación e á poliza do seguro é aberto.

Lembren que todo o corpo técnico, deportistas e familiares deben coñecer o protocolo de actuación do seguro de accidente deportivo.


Publicar respuesta.