Bases do I Torneo de Xadrez Infantil
Mostra do Encaixe de Camariñas
Organizador do torneo: Xadrez Náutico Camariñas.
Colaboran: Concello de Camariñas, Club Náutico de Camariñas, Conservas Boya, Club xadrez Arteixo.
Data: Sábado 20 de abril de 2019.
Lugar de Xogo: Cofradía de Camariñas, Porto de Camariñas s/n
Categorías:
Sub-8
Prebenxamín nados 2011 e posterior.
Sub-10 Benxamín nados 2009 e 2010.
Sub-12 Alevín nados 2007 e 2008.
Sub-14 Infantil nados 2005 e 2006.
Sistema de Xogo: suizo a 6 roldas.
Ritmo de Xogo: 10 minutos + 3 segundos de incremento.
Horario de Xogo: Presentación e confirmación de xogadores 16:00, 1ª rolda: 16:15, 2ª clausura as 20 horas.
Inscricións: Ata o venres 19 de abril ou ata a chegar o tope de xogadores/as. A inscrición no torneo e gratuita e pode facerse no mail: pokeryajedrez@gmail.com, ou nos tfnos: 617234393/618950557
Desempates: 1º resultado particular, 2º Bucholz Brasileiro-1, 3º Bucholz Total, 4º Progresivo ata as últimas consecuencias,
Xogadas Ilegais: Tres xogadas ilegais suporán a perda da partida.
Premios: Trofeos para os tres primeiros clasificados e o millor local de cada categoría. Regalos para todos os participantes de Conservas Boya e o Concello de Camariñas.
Para o non especifícado nestas bases aplicarase o regulamento FIDE.
A inscrición no torneo supón a aceptación das bases e a autorización dos participantes para publicar os seus nomes ou fotografías nos diversos medios de comunicación, co único obxecto de dar publicidade ao evento.
A organización resérvase o dereito a modificar estas bases sen mais aviso ca sua publicación na web: http://www.pokeryajedrez.com/

Publicar respuesta.
Tienes que ser Sesión iniciada para publicar un comentario.