Bases do IV Torneo de xadrez «SAN enROQUE » en Sada
- Data de celebración: 15 de agosto de 2016.
- Lugar: Pavillón Municipal de Sada.
- Modalidade: Suizo de 7/8 roldas (dependendo do número de participantes) con partidas de 10 minutos máis un incremento de 3 segundos por xogada. Os desempates serán resultado particular, bucholz-1, bucholz total e progresivo.
- Permitirase unha xogada ilegal. No caso de cometer unha segunda perderase a partida. Só se incremetará 1 minuto se ó rival do xogador que comete a ilegal lle queda menos de 1 minuto.
- Para calquera norma non especificada nestas bases aplicarase o regulamento da FIDE.
- Inscricións 5€ para a categoría absoluta e 3€ para as categoría sub-14 (nados ata no ano 2002) e sub-10 (nados ata no ano 2006), que haberá que abonar antes da 1ª rolda. Poderán solicitarse no correo-e cxs_sada@yahoo.es ou no teléfono 666 369 517 (como + información), indicando tanto en qué categoría participa (ou ano de nacemento) o xogador, coma se é local (a organización resérvase o dereito de pedir que calquera de estas características se acredite), ata as 22:00 do venres 12 de agosto do 2016. A participación está limitada ás 100 primeiras solicitudes.
- O torneo é válido para o I Circuito Intercomarcal de xadrez Deputación da Coruña.
- Premios:
1º clasificado: 130 € e trofeo.
2º clasificado: 115 € e trofeo.
3º clasificado: 100 € e trofeo.
4º clasificado: 80 €
5º clasificado: 70 €
6º clasificado: 60 €
7º clasificado: 50 €
8º clasificado: 40 €
9º clasificado: 30 €
10º clasificado: 20 €
1º clasificado sub-14: trofeo.
1º clasificado sub-10: trofeo.
1º clasificado de Sada: trofeo.
- Programa: 15:45 comprobación de inscritos; 16:15 inicio da 1ª rolda; 21:00 hora estimada da entrega de premios e clausura.
- Os participantes autorizan a publicación dos seus datos persoais necesarios para a difusión do torneo (listas de inscritos, clasificacións, fotos do torneo, etc.) nos diferentes medios de comunicación que se fagan eco do evento, incluídas redes sociais.
Publicar respuesta.
Tienes que ser Sesión iniciada para publicar un comentario.