REGULAMENTO:
- O torneo disputarase o sábado 2 de setembro no PAVILLÓN MUNICIPAL DO ESPIÑO
- O horario será de 16.00 h a 20.00 h (aprox.)
- Disputarase por sistema suízo de 7 roldas e o ritmo de xogo 10 ´+ 3”
- Os sistemas de desempate son: resultado particular, Bucholz medio (-1), Bucholz total e progresivo.
- A inscrición é GRATUÍTA e poderase formalizar presencialmente, no Complexo Deportivo (678 33 88 47) ou no correo complexo.deportivo@carral.es, entre o 7 e o 31 de agosto ou esgotar as prazas.
- As categorías establecidas serán Sub-10, Sub-14, Absoluto y Mellor local, podendo ser modificadas ou engadidas outras segundo o criterio da organización.
- O torneo rexerase polas normas da FIDE para aquelo non especificado nestas bases.
- Os participantes inscritos autorizan a publicación dos seus nomes e apelidos e á cesión da súa imaxe a os medios de comunicación que a organización considere oportunos para a necesaria difusión do evento.
- O aforo do torneo limitarase a 60 xogadores.
POLÍTICA DE PROTECCIÓN DE DATOS
• De acordo co disposto na normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, informámolo/a de que os datos facilitados serán tratados polo Concello de Carral, coa finalidade de poder atender a súa solicitude, neste caso, a inscrición no XXI Torneo de Xadrez. Os devanditos datos serán tratados de xeito confidencial, e só poderán ser cedidos, nos casos contemplados na Lei. Comunicámoslle que pode exercer os dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación ó tratamento e probabilidade dos seus datos, solicitándoo, ben a través del correo electrónico deportes@carral.es, o directamente, na Casa da Cultura do Concello de Carral.
• No transcurso da competición realizaranse fotos e expoñeranse os nomes a apelidos, que se publicarán despois en diferentes medios de comunicación, incluídas as redes sociais, coa finalidade de dar difusión ao mundo das actividades deportivas. Para iso e preciso que exprese o seu consentimento ou do seu representante, polo que, ao entrar na instalación deberán cubrir un impreso facilitado pola organización en aclaración destes termos.

Publicar respuesta.
Tienes que ser Sesión iniciada para publicar un comentario.