XVIII Torneo de Xadrez “Agosto en Cambre” – 8ª proba do III Circuíto Intercomarcal de xadrez

XVIII Torneo de Xadrez “Agosto en Cambre” – 8ª proba do III Circuíto Intercomarcal de xadrez

Bases do XVIII Torneo de Xadrez “Agosto en Cambre” – valedeiro para o III Circuíto Intercomarcal de xadrez rápido Deputación da Coruña.

Primeira.- O XVIII Torneo Xadrez “Agosto en Cambre” celebrarase no pavillón Sofía Toro de Cambre (rúa wenceslao Fdz Flórez.15660 Cambre)   o sábado 11 de agosto de 2018.

Válido para o III Circuito Intercomarcal de xadrez activo Deputación da Coruña

Segunda.- Xogarase por sistema suízo a sete roldas. Ritmo de xogo 10 minutos por xogador + 5 segundos xogada

Terceira.- O Torneo comezará coa presentación dos xogadores ás 10:30 da mañá e rematará coa entrega de premios as 20:00 horas.

1ª Rolda: 10:45h

2ª Rolda: 11:45h

3ª Rolda: 12:40h

4ª Rolda: 16:15h

5ª Rolda: 17:05h

6ª Rolda: 17:55h

7ª Rolda: 18:45h

20:00h entrega de premios

Cuarta.- A inscrición é gratuíta e a súa formalización é obrigatoria para todas as categorías. O prazo de inscrición rematará o día 10 de agosto ás 21:00 (escolaxadrezsigras@hotmail.com)

Quinta.- A organización reservase o dereito de eliminar a todo xogador que non se presente a unha das roldas.

Sexta.- O emparellamento realizarase por sistema informático contra o que non se poderán presentar reclamacións.

Sétima.- Será o arbitro quen decida a colocación dos reloxos.

Oitava.- A orde de aplicación dos sistemas de desempate, ao rematar o torneo, será: 1º resultado particular, 2º  bucholz -1, 3º bucholz total e 4º progresivo.

Novena.- Os premios non son acumulables, sempre se entregará o de maior contía. O pagamento efectuarase mediante transferencia bancaria. Con carácter previo ao pagamento comprobarase que os premiados estean ao corrente das súas obrigas tributarias e coa seguridade social.

Para o pago dos premios é necesario a presentación do DNI ou documento que acredite a identidade do deportista. A organización facilitará unha ficha aos premiados para cumprimentar os seus datos fiscais e asinarán unha autorización para comprobar que estean ao corrente das súas obrigas tributarias e coa seguridade social.

Décima.- Todo o non especificado nestas bases rexerase polas normas e regulamentos da Federación Internacional de Xadrez (FIDE).

Undécima.- Os participantes no torneo autorizan a publicación dos seus datos persoais nos diferentes medios de comunicación que a organización considere oportunos para a necesaria difusión do evento (listados de resultados, clasificacións, participantes, xogos, fotos, etc)

Duodécima.- A participación neste torneo supón a aceptación das bases.

PREMIOS XVII TORNEO XADREZ  “AGOSTO EN CAMBRE” 2018

GENERAL

1º PREMIO 300 € + TROFEO
2º PREMIO 150 € + TROFEO
3º PREMIO 100€ + TROFEO
4ºPREMIO 80+ TROFEO
5ºPREMIO 50+TROFEO

ELO FIDE <1900

1º PREMIO 50 € + TROFEO

LOCAL

1º PREMIO 80 € + TROFEO
2º PREMIO 30 € + TROFEO

OUTROS PREMIOS

1º Clasificado sub-18 50 € + TROFEO
1º Clasificado sub-16 TROFEO
1º Clasificado sub-14 TROFEO
1º Clasificado sub-12 TROFEO
1º Clasificado sub-10 TROFEO
1º Clasificado sub-8 TROFEO

Importe total dos premios económicos: 890 euros

 

 


Publicar respuesta.